A CIG chama a participar nas concentracións en repulsa ao asasinato de Samuel
Na tarde deste luns en máis de 50 localidades
A CIG chama a participar nas concentracións convocadas polos movementos LGBT+ e feminista galego, en repulsa ao asasinato de Samuel Luiz Muñiz, ocorrido esta fin de semana na Coruña. Até o momento están convocadas protestas para a tarde deste luns, 5 de xullo, en máis de 50 localidades pedindo #XustizaparaSamuel.