A CIG chama a participar nas accións convocadas con motivo do Día Internacional pola Paz e o Antimilitarismo
Horarios e lugares das accións:
- Compostela, ás 20:00 horas está convocada unha concentración e unha acción de rúa na Praza do Toural.
- Ferrol, ás 19:00 horas está prevista unha charla-presentación da campaña no Ateneo Ferrolán.
- Ourense, ás 20:00 horas está convocada unha concentración e unha acción de rúa na Praza do Ferro.
- Vigo, ás 20:00 horas está convocada unha acción na rúa peonil do Calvario.
Dende a Confederación Intersindical Galega faise un chamamento a participar nos actos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres e a BDS-Galiza, apoiando e dando a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “Mulleres Rumbo a Gaza” na que mulleres de todas as partes do mundo se farán á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non só ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.