A CIG chama a participar na manifestación deste domingo 21 en defensa do noso mar
A CIG chama a participar na manifestación convocada polos sectores pesqueiro, marisqueiro e ecoloxista galegos baixo o lema ‘En defensa do noso mar’ este domingo 21 de xaneiro dende a Alameda de Santiago ás 12:00 horas ante a “nefasta” e “incompetente” xestión do vertido de pellets que está a afectar a nosa costa.
A central sindical critica o desleixo, as mentiras e a manipulación da Xunta, que pretendeu minimizar o impacto ecolóxico para eludir a súa responsabilidade, abocando novamente o pobo a autoorganizarse fronte ao abandono por parte da Administración galega das súas funcións. E censura a inacción do Goberno español, reclamando para Galiza as competencias para poder decidir sobre as nosas costas.