A CIG chama a mobilizarse no Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
Están convocadas en distintas cidades e vilas do país, como Ourense, Vigo, Coruña, Santiago de Compostela, Ferrolterra e Arzúa
A secretaría das Mulleres da CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas para mañá sábado, día 25 de Novembro, pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a central sindical fai parte, baixo o lema “O machismo oprime e mata dende a infancia. Ningunha atrás! Mobilizacións coas que se quere visibilizar, como no resto do ano, a violencia que sofren as mulleres polo feito de o ser mulleres e reclamar medidas efectivas para combatela.
Lugares e horas:
- Ourense, ás 19 horas diante do CC Ponte Vella
- Vigo ás 20 horas dende a Farola de Urzáiz
- Coruña, ás 19 horas no Obelisco
- Compostela, ás 20 horas dende a praza 8 de marzo
- Ferrolterra, ás 18 horas diante do polideportivo de San Valentín en Fene
- Arzúa, ás 19:30 horas diante da entrada principal do Multiusos