A CIG chama a apoiar ao persoal investigador este xoves 15 de abril en Compostela
A CIG-Saúde chama a apoiar ao persoal investigador este xoves día 15 de abril, sumándose á concentración que teñen convocada ás 18:00 horas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, baixo o lema “Non a esta Reforma da Lei da Ciencia!” Pregan que se acuda con algunha prenda vermella e que se respecten todas as medidas de seguridade: máscara e distanciamento social.
O colectivo denuncia que a modificación prevista na Lei da Ciencia non resolve os problemas do envellecemento e precariedade das traballadoras e traballadores da investigación. Considera que nega os seus dereitos laborais e non recoñece sequera a carreira profesional para o conxunto das escalas dos distintos sectores.