A CIG amplía a súa maioría absoluta no comité de Pérez Torres Marítima de Marín
A CIG vén de ampliar a maioría absoluta acadada hai catro anos no comité de empresa de Pérez Tores Marítima, compañía que xestiona a carga e descarga de mercancías na terminal de contedores do Porto de Marín, ao pasar de 6 a 8 delegados/as dos 9 que compoñen a representación sindical.
No proceso electoral que tivo lugar onte na firma marinense a central sindical fíxose cos 5 representantes que se escollían entre o persoal técnico e administrativo, cando en 2019 lograra 3, por 2 da UGT. Mentres que no colexio de especialistas, dos 4 que se escollían sumou 3, os mesmos que acadara no anterior proceso. O delegado/a restante foi para a UGT.
Dende a FGAMT-CIG de Pontevedra valoran moi positivamente o excelente resultado colleitado nunhas das principais empresas que operan no Porto de Marín, que responde ao intenso traballo sindical desenvolvido pola central ao longo destes anos, nos que se lograron melloras laborais por riba do convenio colectivo.
Por iso agradecen o apoio amosado polo cadro de persoal -composto por máis dun cento de traballadores/as fixos/as- e agardan contar con el de cara ás próximas reivindicacións de melloras nas condicións de traballo.