A CIG amosa o seu pesar polo falecemento do compañeiro Fernando Solla Fernández
A Confederación Intersindical Galega (CIG) expresa o seu máis sentido pesar polo falecemento de Fernando Solla Fernández, compañeiro de longa traxectoria tanto no sindicalismo como en organizacións políticas da esquerda e do nacionalismo que foi secretario comarcal da Unión Comarcal da CIG da Coruña.
A central sindical quere trasladarlle tamén as súas condolencias e solidariedade á familia e amizades do finado e salientar o seu compromiso inquebrantábel na defensa dos dereitos da clase traballadora e na loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.
Fernando Solla, técnico superior de prevención de riscos laborais, foi durante anos dirixente sindical do sector do transporte e da propia CIG, exercendo como secretario comarcal da Unión Local da Coruña entre 1998 e 2001. Tamén foi membro do Consello e do Secretariado Confederais, máximos órganos de dirección da central sindical.
Que a terra che sexa leve, compañeiro!