A CIG acada o 50% de delegados/as nas eleccións sindicais nos hospitais da Esperanza e a Rosaleda

Conseguiu 9 das 18 delegadas e delegados a elixir nos centros hospitalarios privados
Compostela - 26 Abr 2021

A CIG vén de acadar o 50% dos delegados e delegadas a elixir nas eleccións a representantes das traballadoras e traballadores nos hospitais da Esperanza e da Rosaleda. É dicir, 9 delegados  e delegadas dos 18 elixibles. A CIG-Saúde de Compostela valora moi positivamente estes resultados e entende que son “froito dun traballo ben feito” e consecuencia do “esforzo e tempo invertido na defensa dos dereitos das e dos profesionais por parte dos nosos delegados/as sindicais”.

 RESULTADOS:

A ROSALEDA     

 

CIG

UGT

CCOO

COLEXIO DE TÉCNICAS/OS

5 (71%)

1 (16%)

1 (13%)

COLEXIO DE ESPECIALISTAS

1 (62%)

1 (25%)

 

 

A ESPERANZA  

 

CIG

UGT

CCOO

COLEXIO DE TÉCNICAS/OS

3 (41%)

2 (26%)

3 (33%)

COLEXIO DE ESPECIALISTAS

1

1

 

 

Xosé Manuel Marcote, secretario comarcal da CIG-Saúde salienta que este foi un proceso electoral marcado pola “hostilidade” da Dirección do hospital A Rosaleda. “Unha Dirección que vende propaganda e merca vontades, que preme e intimida aos traballadores/as e que se aproveita da súa profesionalidade e responsabilidade no seu traballo”.

Xunto a isto denuncia a falta  de previsión, organización e formación na pandemia do coronavirus,  así como a  falta de persoal para substituír e as condicións de traballo.

Entende que foi isto o que levou ás delegadas e delegados de CIG-Saúde a unha serie de reivindicacións porque diante desta situación “non podemos aceptar calar ou permanecer pasivos”. Marcote afirma que valeu a pena facer un esforzo para mellorar as condicións de traballo e que “só é cuestión de ter un pouco de coraxe. O único que fixemos foi prender un raio de luz nunha escuridade onde as cousas sucedían mais non se vían, e ninguén se decataba, o que implicaba a que o persoal se deixase levar polo que outros dicían”.

O secretario comarcal da CIG-Saúde lembra que a central sindical deu ademais apoio no plano sindical, xurídico e testemuñal ao persoal despedido por falta grave “por denunciar as cláusulas abusivas dos contratos”. Xunto a isto subliña o papel da presidenta do comité e delegada da CIG polas iniciativas presentadas, grazas ao que “conseguiu melloras, como que as e os profesionais conten cunha quenda anual para poder conciliar vida familiar e laboral; suprimir ou anular cláusulas abusivas dos contratos, como que o persoal tivera que estar dispoñible os 365 días ou melloras nas condicións de traballo nos distintos servizos, como avaliación de riscos psicosociais.