A CIG acada a maioría absoluta no Hiper Gadis de Ribeira a primeira vez que se presenta
A CIG tamén acadou a maioría absoluta no Hiper Gadis de Riberia onde, ademais, era a primeira vez que se presentaba. Valora de xeito moi positivo este resultado, nun proceso que foi impulsado polo sindicato USO, que até agora ostentaba a representación única do comité.
A CIG quere agradecer o respaldo obtido e a confianza depositada polos traballadores e traballadoras.
Para a central sindical estes resultados extraordinarios demostran a necesidade de cambio nas relacións laborais que teñen os traballadores e as traballadoras do GADIS HIPER de Ribeira, na que até agora só tiña representación o sindicato USO.
É evidente que outro modelo de sindicalismo é necesario no centro de traballo e tendo a maioría absoluta no comité defenderemos os dereitos de todas e de todos, de forma asemblearia e avanzando na loita para mellorar as condicións laborais na empresa.