A CIG-Abanca convoca unha concentración o 12 de marzo contra o ERE que afecta a 250 traballadores/as
Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que atinxe a 250 traballadoras e traballadores. A CIG-Abanca denuncia a pretensión da entidade de acabar, ademais, coa xornada continuada, ampliando horario laboral a xornada partida, ao tempo que restrinxen horarios pechando para a clientela ás 11:00 da mañá. Por iso convocan a delegados e delegadas da CIG en Abanca e no Banco Caixa Geral a concentrarse o vindeiro día 12 de marzo, ás 10:00 horas, diante do edificio Afundación, na Praza de Cervantes, en Compostela, baixo o lema “ Nin despedimentos, nin abusos en materia de xornada”.
Segundo explica Clodomiro Montero, na segunda xuntanza do “Equipo Económico”, explicáronse as causas organizativas e de produción. Un informe que, denuncia, “din confidencial para que non poidamos transmitir ás traballadoras e traballadores o feixe de terxiversacións coas que pretenden despedir e aplicar a reforma laboral, para rematar de rebentar a xornada continua”.
En todo caso, sinala que por parte da empresa anunciaron de novo que os servizos centrais seguirán entre A Coruña e Vigo, “o cal é positivo”. Aínda así matiza que si pecharán oficinas por solapamento entre Abanca e B. Caixa Geral, tamén de Abanca, nas cidades para concentrar a actividade. Porén, a reestruturación “non levará a pechar oficinas no rural galego, o que tamén é positivo”.
Despedimentos polo ERE
Segundo explicaron desde a entidade, sobran 94 persoas nos Servizos Centrais en Madrid e 156 na rede, 129 en Galiza, cun reparto que levaría a “baixas indemnizadas” que “son despedimentos baixo ameaza”, subliña o representante de CIG-Banca.
|
A CORUÑA |
LUGO |
OURENSE |
PONTEVEDRA |
|
Saídas |
23 |
17 |
14 |
75 |
|
Prexubilables |
58 |
18 |
21 |
58 |
|
Para Montero tamén é “infumable a proposta presentada polo banco para as prexubilacións, que en Madrid serán desde os 55 anos de en Galiza e no resto, desde os 58 a 30 de maio deste ano.
Ademais, denuncia que as condicións propostas “son as máis cutres do sector”. Pretenden prexubilar con 5 anualidades do 70% do salario bruto fixo (descontando desemprego e subsidio) e cotización até os 63.
Se non se cobren saídas, o cal pola idade de corte proposta a nivel galego será así en Pontevedra, o resto sairían con estas condicións:
Baixas indemnizadas: 25 días, máximo 18 mensualidades.
Despedimentos: se non se cobren as saídas con "persoal voluntario", farán despedimentos co mínimo legal de 20 días, máximo 12 mensualidades.
Horarios: xornada partida (por quendas) traballando 4 días pola tarde á semana (ata ás 17:30 da tarde ou 18:30).
Reducindo tempo con horario de verano.
E isto tendo en conta, como subliña Clodomiro Montero, que “Abanca xa non aplica o Convenio, ten os horarios máis amplos do sector, implantou un rexistro “fake” e ameaza ao cadro de persoal para que non teclee o exceso de xornada”.
Por iso Montero demanda explicacións sobre “como se compaxina o de restrinxir os horarios ao público, pechando as oficinas ás 11 da maña; alegar a dixitalización como causa do ERE e logo pretender ampliar horarios laborais.
A CIG-Abanca considera positiva unha saída xeral vía prexubilacións, pero non a proposta pola entidade, que debe ser coa mesma idade en toda a empresa, mellorando as condicións e aproveitando tamén para regularizar o exceso de contratos temporais.
Respecto dos horarios Montero é taxativo, “non se tocan co visto bo da CIG. A unha empresa que non cumpre os horarios, os sindicatos non debemos permitirlle rebentar os horarios do sector”.