A asemblea de traballadores/as do metal da Coruña e Ferrol aposta por seguir na mobilización en demanda dun convenio digno

- 18 Feb 2022

A CIG-Industria realizou asembleas abertas na Coruña e Ferrol para os traballadores e as traballadoras do metal para informar da situación do convenio e expor as principais reivindicacións sindicais que se van trasladar á patronal para tentar desbloquear as negociacións, que levan dous anos estancadas.

Nas asembleas celebradas o xoves día 17, as traballadores e as traballadoras amosaron a súa disposición a continuar co senda mobilizadora e mesmo convocar folga no sector "se a patronal non asume a táboa reivindicativa e avanza nun acordo para termos un convenio digno e con dereitos".