A asemblea de traballadores/as de Albada acorda adiar a folga convocada na planta de Nostián
A asemblea de traballadores e traballadoras da planta de tratamento de residuos de Nostián acordou adiar as tres xornadas de folga previstas para os días 18, 24 e 26 de xullo ante a apertura dunha liña de diálogo que podería pór fin de maneira definitiva ao conflito.
Ante a petición do Goberno local, co ánimo de facilitar as negociacións entre todas as partes implicadas e á vista dos avances na última reunión entre o Concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas para a publicación dos pregos da nova concesión, o persoal dediciu suspender a folga e dar unha marxe de tempo até o 5 agosto.
Se neste período non se detectan avances substanciais nin compromisos por parte da empresa e as administracións que garantan as condicións de traballo, o emprego e o futuro das instalacións, o persoal retomará as mobilizacións e anunciará un novo calendario de folga, que para entón xa será de carácter indefinido.