A Asemblea da CIG As Rías elixe a Fran Rei como novo secretario da Unión Local

No proceso renovouse tamén a Executiva local e aprobouse o Informe de Xestión
As Rías - 16 Dec 2025

A Asemblea da CIG As Rías celebrada o pasado sábado no centro social de Boiro, escolleu a Fran Rei Grille como novo secretario da Unión Local en substitución de Xoán García. Ao proceso presentouse unha candidatura única que recibiu 39 votos a favor e dúas abstencións.

Así mesmo, escolleuse á nova Executiva local e aprobouse o Informe de Xestión da anterior Executiva, no que se repasa a actividade desenvolvida pola central sindical ao longo do último período.

Durante toda a Asemblea quíxose trasladar o enorme agradecemento a Xoán García (que seguirá facendo parte da Executiva) polo traballo e a dedicación como responsábel da UL durante todos eses anos.

Composición da nova Executiva Local da CIG das Rías
  • Fran Rei Grille
  • Silvia Varela Rodríguez
  • Xoán Francisco García Suárez
  • María del Carmen Vázquez Brión
  • Jorge Meira Pérez
  • Óscar David Casais Montemuíño
  • Marian Rodríguez Blanco