24-N, xornada de loita contra LOMCE e as reválidas
Xoves 24 Novembro 2016 12:00h Galiza
Este xoves 24 de novembro terá lugar unha xornada de loita contra LOMCE e reválidas na que estudantes, colectivos de pais e nais e profesorado se mobilizarán en vilas e cidades galegas para a retirada definitiva da reforma impulsada polo PP, á que acusan de "elitizadora, privatizadora e españolizadora".
Á mañá, diferentes concentracións e manifestacións estudantís convocadas por Erguer sulcarán a nosa xeografía a partir das 12 horas, para dar lugar no serán ás protestas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG, a partir das 19 horas.
XORNADA DE MAÑÁ - FOLGA ESTUDANTIL CONVOCADA POR ERGUER
Manifestacións ás 12h desde:
- Compostela: Alameda
- A Coruña: praza da Palloza
- Ferrol: edificio da Xunta
- Lugo: praza do Seminario
- Ourense: subdelegación do Goberno
- Pontevedra: praza da Peregrina
- Vigo: praza de América
- Melide: IES de Melide
- Ribeira: IES nº1 de Ribeira
- Ponteareas: baixada aos IES
Concentracións ás 12h en:
- Boiro: praza do Concello
- O Barco: praza do Concello
- Caldas: Carballeira
- Cangas: IES María Soliño
- Moaña: IES As Barxas
- Vilagarcía: praza de Galiza
XORNADA DE TARDE - CONCENTRACIÓNS DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
Concentracións ás 19 horas en:
- Pontevedra: praza da Peregrina
- Compostela: praza Roxa
- Vigo: Farola de Urzáiz
- Lugo: diante do IES N.S dos Ollos Grandes
- A Coruña: praza de Pontevedra (diante do IES E. da Guarda)
- Ferrol: praza de Amada García (diante do edificio da Xunta)
- Ourense: xardíns do Padre Feixóo
Concentracións ás 19:30h en:
- Carballo: praza do Concello
- Cee: praza 8 de Marzo
- Vilagarcía: praza de Galiza
Calendario
< Setembro 2024 | Outubro 2024 | Novembro 2024 > | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
12
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
18
|
19
|
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|
|
|
|