A CIG mobilizarase este 4 de decembro diante do Parlamento de Galiza coincidindo co pleno no que o Partido Popular laminará definitivamente a ILP por unha tarifa eléctrica galega, baleirándoa de contido e mesmo pasando a chamala “Lei de eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica”.
Para a CIG é inadmisíbel que o PP fulmine deste xeito unha Iniciativa que tiña o obxectivo de articular medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza, como un dereito universal de todas as persoas ao benestar social e contra a pobreza enerxética.