Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Venres 25 Novembro 2016 10:00h Santiago de Compostela

Este venres celébrase en Compostela o 2º Encontro Nacional de Mulleres da CIG,  co obxectivo de continuar debatendo sobre a situación sociolaboral das mulleres e as nosas alternativas, afondando nesta ocasión na problemática do acoso e o resto de violencias machistas que se producen no traballo.

Ademais, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, ao remate do encontro, por volta das 12:00 horas, realizarase unha marcha a pé e unha concentración de delegadas diante do Edificio da Xunta de Galiza, en San Caetano.

Mobilizacións do 25 de Novembro

Esta manifestación convocada pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non será a única da xornada. A CIG tamén un chamamento a participar das mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres en:

- A Coruña: ás 20:00 h no Obelisco

- Ferrolterra: ás 19:00 h na Praza do Inferniño

- Ourense: ás 19:00 h no Parque de San Lázaro

- Compostela: ás 20:00 h na Praza 8 de Marzo

- Vigo: ás 20:00 h na Farola de Urzáiz.

>>Presentación da campaña da CIG para este 25 de novembro

 


Volver

Calendario

< Xuño 2024 Xullo 2024 Agosto 2024 >
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31