Contra a precariedade laboral e o desemprego - Manifestación en Vigo
Mércores 30 Novembro 2016 20:00h A Doblada (Vigo)
Contra a precariedade laboral e o desemprego
Traballo digno na nosa terra!
-
80.000 persoas sen emprego na nosa bisbarra
-
9 de cada 10 novos contratos son eventuais
-
Cada mes destrúense postos de traballo na industria e na construción
-
Son máis os empregos a tempo parcial
-
Aumenta a explotación, redúcense os salarios
-
A patronal bloquea a negociación colectiva
-
A mocidade continúa a verse obrigada a emigrar
-
Aumenta a desigualdade e esténdese a pobreza
-
Recórtannos servizos públicos esenciais
-
Ameazan as nosas pensións
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO PARA MUDAR ESTA REALIDADE!
A situación da comarca de Vigo é límite. Padecemos unha verdadeira emerxencia social, laboral e produtiva. A crise ten servido de coartada para que o empresariado aumente o nivel de explotación laboral, endurecendo as condicións de traballo, precarizando até o máximo a contratación e abaratando os salarios. Un saqueo que é posíbel grazas ás reformas laborais e da negociación colectiva, aprobadas por PSOE e por PP, e mais tamén á complicidade dos gobernos do Partido Popular na Xunta e en Madrid, que actúan ao ditado da Unión Europea. Ao servizo do grande capital.
Para superarmos esta situación é indispensábel unha mudanza radical nas políticas. Un cambio de rumbo, que deixe de recortarnos dereitos á clase traballadora para seguir a cebar os lucros duns poucos. Mais esa mudanza non vai chegar por si soa, temos que empurrala nós, desde abaixo, a través da mobilización e do conflito. Coa nosa loita como clase traballadora galega, desde os centros de traballo até os sectores, actuando de maneira unificada e organizada a través do sindicato.
As nosas reivindicacións:
1) Posta en marcha dun Plano de desenvolvemento industrial para a bisbarra, con intervención pública directa, para reactivar a actividade produtiva e crear emprego estábel e de calidade.
2) Aplicar a Lei do sector naval e crear un Plano galego para a industria da automoción.
3) Plan integral de recuperación da Ría de Vigo, para desenvolver as súas potencialidades en pesca e marisqueo. Fin da exclusión da flota galega nos acordos pesqueiros da UE.
4) Derrogación das reformas laborais, de negociación colectiva e das pensións, e da lei mordaza.
5) Redución da xornada laboral cara ás 35h semanais e limitación das horas extraordinarias, para repartir o traballo.
6) Eliminación das ETTs, limitación da contratación temporal e a tempo parcial.
7) Aumento dos salario mínimo interprofesional e creación dun salario de inserción laboral e social para todas as persoas desempregadas que esgotaron as prestacións ou subsidios.
8) Reactivación da negociación colectiva e avantarmos cara a un Marco Galego de Relacións Laborais.
9) Fin dos recortes e reforzo dos servizos públicos, como o ensino e a sanidade.
Calendario
< Xullo 2024 | Agosto 2024 | Setembro 2024 > | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
|
|
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
12
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
18
|
19
|
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|
|