Documento
Situación político sindical e laboral - Documento conferencia sindical 2012
A crise económica é unha crise de sobreprodución, dun reparto desigual da riqueza, vinculada a un modelo económico profundamente especulativo, xerador de burbullas diversas, que funciona á marxe da economía real, parasita e marxina a economía produtiva, precariza as condicións de traballo, transfire recursos públicos e rendas do traballo ao capital, incrementa as desigualdades sociais, concentra a riqueza en poucas mans e debilita á clase traballadora fronte á burguesía.