Documento
![](imaxes/imaxe.php?s=files/documentos/Doc_Propostas/PropostasPronun_2010/Propostas_CIG_Dereitos_Laborais_2016.jpg&q=90&w=240)
Propostas CIG en materia de dereitos laborais e sociais 2016
As sucesivas contrarreformas laborais levadas adiante polos gobernos españois, con
posterioridade á aprobación do Estatuto dos Traballadores de 1980, supuxeron un importante
retroceso nos dereitos individuais e colectivos da clase traballadora ao desregular e/ou flexibilizar as condicións en materias como a contratación, o despedimento, a xornada, o salario ou mesmo o cumprimento ou negociación dos convenios colectivos. Estamos a falar dun calculado e continuado proceso de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital.