Documento
Paro rexistrado 2011
Desde mediados do ano 2007, estamos asistindo a un incremento continuo das persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego (en diante, SEPE). Aínda que, mes a mes, se mantén a tendencia de descenso do número de parados/as nos meses estivais, (e máis próximos), a evolución interanual continuou empeorando ao longo de 2011.O ano 2011 rematou con 20.921 persoas paradas rexistradas máis que a finais de 2010. Son preto de 120.000 as persoas paradas que, desde mediados de 2007, se incorporaron ás listas do desemprego en Galiza, 20.900 das cales o fixeron neste último ano, acadándose en decembro a cifra de 258.234 parados/as, algo insólito na nosa historia económica.