Documento
Negociación colectiva 2001
Nestas datas a negociación colectiva atópase no seu punto álxido. É un proceso no que os representantes dos traballadores e dos empresarios tentan de chegar a un acordo para regular as condicións de traballo. Teñen intereses distintos e enfrontados e cada convenio concreto debe de dar a medida do nivel de conquista na que nos atopamos, xa que supón un punto de equilibrio ou unha solución temporal á que se chega mediante concesións mutuas. Sobre a base dese conflicto de intereses de clase establécense as relacións laborais e xorde o dinamismo necesario para un progresivo e positivo desenvolvemento da sociedade e das condicións de vida nas persoas.