Documento


100 medidas para crear emprego en Galiza 2013

Desde o inicio da crise, a CIG está a defender todo un conxunto de propostas alternativas, orientadas a unha saída favorábel á clase traballadora galega e feita desde unha perspectiva de defensa dos nosos intereses nacionais, convencidos de que todas estas políticas de concentración e centralización da riqueza e do poder, aínda afonda moito máis no carácter colonial e periférico de Galiza. Só desde alternativas feitas en función da nosa propia realidade social e económica, de reforzamento do noso autogoberno, da capacidade de decidir libremente en todas as materias, poderemos ofrecer alternativas que sirvan aos intereses das nosas clases traballadoras e que garantan un reparto equitativo da riqueza.


Arquivos: