Documento
Contratos de traballo en Galiza 2011
Rematado 2011, o número de contratos rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego (en diante SEPE) foi de 671.449, un 1,3% menos que no ano anterior. Malia o descenso, é unha cifra moi elevada tendo en conta a cantidade de postos de traballo que se destruíron ao longo deste ano. Así, segundo os datos de afiliación en alta á Seguridade Social (únicos datos de ocupación que coñecemos nestas datas), o número de traballadores/as descendeu en Galiza en 30.987 no ano 2011.