Documento
Análise da reforma e alternativas 2011
Estamos no centro da crise. Una crise económica profunda que non foi creada polas persoas que traballan. Máis ben ao contrario, as enormes desigualdades sociais xeradas polo sistema capitalista neoliberal nas dúas últimas décadas están na raíz do problema. E sen embargo, este sistema que ten fracasado estrepitosamente e que ten demostrado a súa incapacidade para garantir una convivencia social xusta e redistributiva, segue negándose a calquera tipo de regulación financeira e impón as súas receitas antisociais e xogos especulativos por riba da política, dos gobernos, dos Estados e dos organismos internacionais.