Documento
A muller no mercado laboral en Galiza 2015
O problema laboral da mocidade é de tal magnitude que a Organización
Internacional do Traballo (en diante OIT), no informe do Director Xeral para a
Conferencia Internacional do ano 2007, que leva por título: “A igualdade no traballo:
afrontar os retos que se suscitan”, inclúe a discriminación contra os traballadores e
traballadoras mozos como unha nova forma de discriminación non recoñecida ata o
de agora.