O persoal de Correos de Lalín pecha o ano cunha nova mobilización en defensa do servizo

Lalín -
A Unidade de Reparto seguirá en loita pola mellora das condicións de traballo e pola cobertura das prazas vacantes

Convocadas catro xornadas de folga no sector da conserva para reclamar un convenio digno

Vilagarcía -
Os paros de 24 horas terán lugar os días 27 e 28 de xaneiro e 24 e 25 de febreiro

A CIG-Construción de Ourense mobilízase na empresa que executa as obras do AVE para denunciar explotación e falta de seguridade

Ourense -
Desenvolveu unha concentración diante da UTE Sando y Rover no polígono de San Cibrao das Viñas

Persoal dos centros de menores, discapacidade e infantil 0-3 reclama condicións laborais e salariais dignas

Nacional -
Demandan abrir un Marco Galego de Relacións Laborais e negociar no inmediato complementos autonómicos, redución de ratios e máis recursos

O persoal das Escolas Deportivas da Coruña convoca catro días de folga para exixir o cobro dos seus salarios e novos pregos dignos

A Coruña -
Reclaman solucións inmediatas ao Concello logo da empresa comunicar que non pode facer fronte ás nóminas e tendo en conta que xa avisara en abril de non querer nin poder seguir co servizo

A Xunta malgasta máis dun millón de euros en gratificacións opacas no dispositivo contra os lumes

Nacional -
A CIG estuda presentar denuncia no Consello de Contas e dirixirase á Presidencia e á Consellaría do Medio Rural para exixir acceso á documentación

Convocada unha xornada de folga en Amazon do Porriño para reclamar melloras laborais

O Porriño -
O comité denuncia ritmos de traballo excesivos, abuso da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e incumprimentos en materia de prevención

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG demanda un sistema público de atención ás persoas

Nacional -
Este xoves continuaron co calendario de mobilizacións periódicas para denunciar o desastre social das políticas da Xunta

O TSXG dálle a razón á CIG e declara discriminatoria a dobre escala salarial en IKF

A Guarda -
A sentenza, contra a que non cabe recurso tras a inadmisión por parte do TS, anula o pacto nesta materia asinado na empresa con sede na Guarda

A CIG non asina o convenio estatal de industrias lácteas por non garantir salarios dignos nin avanzar no dereito ao descanso e á conciliación

Nacional -
O texto incorpora unha cláusula de revisión topada ao 4% e coa posibilidade de que as subas sexan compensadas ou absorbidas por outros conceptos retributivos

Milleiros de docentes escenifican nas rúas de Compostela o enterro do ensino público galego

Nacional -
Nova mostra de dignidade e solidariedade no quinto día de folga dende o inicio do curso contra as políticas educativas da Xunta

A CIG-Industria reclama un plan específico para a automoción galega aproveitando a moratoria aos vehículos de combustión

Nacional -
Considera que o levantamento da prohibición por parte da UE á venta deste tipo de vehículos a partir de 2035 ten que ser utilizado para reactivar o sector

A CIG detecta vulneración de dereitos no sector de panadarías e pastelarías en Vigo

Vigo -
Presentou varias denuncias na Inspección de Traballo ao detectar persoal sen contrato, con xornadas abusivas e sen respectar os descansos