Asinado o convenio de residencias e centros de día, que corrixe os salarios inferiores ao SMI e mellora a cobertura de IT

Nacional -
A CIG-Servizos considera que o acordo é un avance importante de cara á negociación dos vindeiros anos

A CIG denuncia sobrecarga laboral na residencia de maiores de Viana do Bolo

Viana do Bolo -
A encargada de persoal da Fundación Valdeogodos négase a negociar co comité de empresa os cambios en concepto de permisos e cuadrantes

A CIG-Servizos logra 5 de 5 representantes no comité da residencia DomusVi Fátima de Vigo

Vigo -
O persoal do sector segue a recoñecer a loita da central sindical por un convenio xusto e pola dignificación dos traballos de coidados

A residencia de Castro Ribeiras de Lea está sen médico dende o mes de novembro

Castro de Rei -
A empresa que xestiona o centro, CK Senior, non cubre a ausencia ao considerar que a atención ás persoas usuarias está garantida co 061

Persoal dos SAF e das residencias de maiores e centros de día privados péchase en varios Concellos en demanda de condicións dignas

Nacional -
As mobilizacións en Vigo, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña fan parte da campaña da CIG-Servizos para forzar a negociar os convenios

Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignas

Nacional -
A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados

As traballadoras do sector de coidados claman en Compostela contra as condicións de escravitude que padecen

Nacional -
Entregaron unha Carta Aberta ao empresario do sector, na CEG, na que exixen a negociación dos convenios e a dignificación das súas condicións laborais e salariais

A segunda xornada de folga no sector dos coidados leva as protestas a numerosas vilas e centros de traballo

Nacional -
En Vigo, as traballadoras mobilizáronse na Cidade da Xustiza con motivo da visita da conselleira de Política Social

As traballadoras de residencias e de SAF unirán forzas nunha andaina reivindicativa en Compostela

Nacional -
Sairán en dúas marchas, desde o Norte e desde o Sur da cidade, para confluír en San Caetano, o vindeiro martes, día 10 de xuño

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

Nacional -
Ante a falta de movementos da patronal e a inacción de Política Social, as asembleas de traballadoras avaliarán o próximo calendario de mobilizacións

As traballadoras das residencias privadas claman contra a explotación laboral na terceira xornada de folga

Reivindican un convenio con salarios dignos, a redución da xornada semanal, máis persoal para dar unha atención de calidade ou melloras nas coberturas das baixas