A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes de que a EGAP aprobe o plan anual de formación 2027

Lembra que o Estatuto Básico do Persoal Empregado Público obriga a negociar os criterios xerais dos plans e fondos de formación

A xustiza española dilata o xuízo contra o acordo de actualización salarial do persoal público

Nacional -
Adíase a vista oral do recurso presentado por CIG e ELA por vulneración do dereito á negociación colectiva aducindo dúbidas sobre a competencia da instancia a que lle corresponde xulgar

Cuarta xornada de folga do persoal do Concello de Cariño ante a falta de propostas para a RPT

Cariño -
As traballadoras e os traballadores teñen convocados un total de seis días de paro xeral para este mes de marzo

O Parlamento galego rexeita a cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Nacional -
Os votos en contra de PP e PSOE impediron aprobar a solicitude ao Goberno do Estado para instaurar por lei un mecanismo que impida a perda de poder adquisitivo

A CIG defende nos tribunais o dereito á negociación colectiva no acordo estatal de emprego público

Nacional -
A demanda non busca frear a suba salarial: mesmo gañando no xulgado, as melloras económicas do persoal empregado público non se verían afectadas

A Xunta bloquea 790 postos de concurso específico dende hai máis de 10 anos

A CIG-Autonómica denuncia unha decisión política consciente da Xunta, que perpetúa comisións de servizos a dedo cunha ocupación provisional estrutural dos postos de responsabilidade

CIG-Área Pública cualifica a suba do 2,5 % como “un novo recorte encuberto” do salario do persoal empregado público

Nacional -
Exixe incrementos por enriba do IPC, o estabelecemento dunha cláusula de garantía salarial e unha negociación colectiva real

A CIG mobilízase por uns orzamentos para recuperar os dereitos e os salarios do persoal empregado público

Nacional -
Coincidindo coa votación no Parlamento das contas da Xunta para 2026 que cualifican de “insuficientes”

A CIG mobilízase contra o acordo salarial estatal 2025-28 por constituír “un novo pacto de perdas” para o persoal empregado público

Nacional -
A central reclama subas do 5% para 2025 e 2026 e unha cláusula de garantía acorde ao IPC blindada por lei

O IX Congreso da CIG-Administración Pública reelixe a Luís Carballo Pose como secretario nacional

Nacional -
No proceso tamén se renovou a Executiva federal, aprobouse o informe de xestión e definíronse as liñas de acción sindical

CIG-Administración mobilízase por unha suba salarial digna para o persoal empregado público e servizos de calidade

Nacional -
Delegadas e delegados concentráronse nos edificios da Xunta