O persoal de DIGI da Coruña irá á folga os días 23, 24 e 25 de setembro contra o recorte de dereitos do convenio de empresa

A Coruña -
Coincidindo coas xornadas de paro, haberá concentracións diante das tendas da operadora

As traballadoras de SAF e de residencias de maiores suman forzas para reclamar condicións laborais dignas

Nacional -
A ausencia de servizos mínimos no SAF obrigou ás propias traballadoras a autoorganizarse para atender ás persoas máis vulnerables

Traballadoras de Eroski-Familia denuncian en Ribadeo a sobrecarga laboral e reclaman salarios dignos

Ribadeo -
Concentráronse diante da tenda da localidade en demanda de condicións laborais e salariais dignas

A CIG rexeita o primeiro convenio de empresa de DIGI asinado en Madrid por CCOO e UGT

A Coruña -
Denuncia que recorta dereitos, que foi pactado ás costas do persoal e anuncia un calendario de mobilizacións entre o 19 de agosto e o 4 de setembro

Asinado o novo convenio de hostalaría de Ourense con avances en permisos, festivos e salarios

Ourense -
A CIG-Ourense chama á loita contra os abusos empresariais para combater os incumprimentos

A CIG non asina o preacordo de convenio de Pescanova pola perda de dereitos que supón

Nacional -
Acusa a CCOO e UGT de renunciar á loita sindical e de pregarse ás ameazas da empresa

A CIG non asina o preacordo do convenio de hostalaría de Pontevedra porque non acada as reivindicacións exixidas

Pontevedra -
O texto incorpora un novo contrato fixo descontinuo a tempo parcial que afondarán na precariedade laboral do sector

As asembleas do persoal do comercio de alimentación de Ourense apoian de xeito maioritario a proposta da mediación

Ourense -
A CIG subliña a capacidade de loita das traballadoras e traballadores do sector, que por primeira vez foron á folga por salarios e condicións dignas

O persoal do comercio de alimentación de Ourense continúa na loita por un convenio digno

Ourense -
A próxima semana están convocadas dúas novas xornadas de folga

As organizacións sindicais impulsarán mobilizacións por un Estatuto Marco que beneficie ao conxunto do persoal da sanidade

Nacional -
Nunha comparecencia conxunta reivindicaron unha nova clasificación con adecuación retributiva e xubilación voluntaria anticipada

As centrais sindicais avanzan mobilizacións no transporte de mercadorías por estrada da Coruña ante o inmobilismo patronal

Nacional -
ACOTRADES, TRANSCAF e ASCENTRA néganse a negociar a recuperación dos salarios, pagar atrasos e revisión e mellorar a xornada

As traballadoras da limpeza concéntranse diante do Concello de Ferrol en demanda dun convenio digno

Ferrol -
Denuncian a postura inmobilista da patronal estatal ASPEL que se nega sequera a garantir subas acordes ao IPC