CIG-Saúde de Compostela denunciará na vía xudicial o abuso dos servizos mínimos durante a folga xeral

Santiago de Compostela -
Advirte da contratación de persoal e do pago de xornada complementaria para cubrir postos de persoas que exerceron o seu dereito á folga

CIG-Saúde destaca o éxito da folga xeral na sanidade pública malia os intentos do SERGAS de impedir o seu seguimento

Nacional -
Denuncia que o SERGAS utilizou uns servizos mínimos abusivos e recorreu a prácticas para dificultar o exercicio do dereito á folga e invisibilizar a súa repercusión

Unhas 100.000 persoas mobilízanse coa CIG na xornada de folga xeral para exixir unha vida digna

Nacional -
Paulo Carril: “A Folga Xeral é a resposta obrigada á carestía da vida, para forzar os gobernos a adoptar medidas e reclamar poder ir á compra e mercar alimentos básicos, ter unha casa onde vivir e poder pagar a luz e os combustíbeis”

A compañía viguesa Conservas Cerqueira impide a celebración dunha asemblea para informar da folga xeral

Vigo -
A CIG presentará denuncia contra a empresa na Inspección de Traballo e no Xulgado por vulneración do dereito de liberdade sindical

A CIG impugnará os servizos mínimos da Xunta de Galiza para a folga xeral do 11 de novembro por abusivos

Nacional -
Critica que non se tiveran en contas as achegas do sindicato e que o decreto publicado no DOG incida na vulneración do dereito á folga

O BNG recolle as reivindicacións da CIG para a folga xeral do 11 de novembro polo dereito a unha vida digna

Nacional -
Unha delegación de ambas organizacións mantivo un encontro para abordar a necesidade da mobilización social

A Xunta presenta uns orzamentos que non contemplan medidas para paliar a crítica situación da clase traballadora galega

Nacional -
Paulo Carril chama á folga xeral en demanda de políticas que responsan ás necesidades “urxentes e inaprazábeis” da maioría social

A CIG rexistra a convocatoria de folga xeral en Galiza, o 11N, para frear a deterioración das condicións de vida

Nacional -
Paulo Carril reclama á Xunta e ao Goberno español un Plan de Choque que garanta salarios dignos, acceso á vivenda, emprego estable e servizos públicos de calidade

A CIG quenta motores cara a folga xeral con asembleas de persoas delegadas e mobilizacións nos edificios da Xunta

Nacional -
No marco da campaña posta en marcha en setembro en demanda dun Plan de Choque con medidas urxentes ante a situación de emerxencia social

A CIG convoca folga xeral ante a suba dos prezos que empobrece a clase traballadora e a falta de medidas para garantir unha vivenda digna

Nacional -
A central celebrará asembleas comarcais de persoas delegadas sindicais este xoves día 8

O profesorado galego plántase para “Recuperar e Avanzar en Dereitos. Por un ensino público galego con futuro”

Nacional -
A CIG-Ensino cifra no 60% o seguimento da folga, a porcentaxe máis elevada nos últimos anos