- « Primeiro
- « Anterior
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- Seguinte
- Último »
resultados
Convocados dous novos días de folga na empresa ourensá UNVI ante a proposta regresiva de convenio da dirección
Ourense -
O paro de hoxe tivo un seguimento maioritario ao igual que nas xornadas anteriores. Tamén se celebrou unha manifestación polas rúas da cidade
O persoal da Escolas Deportivas da Coruña reivindica melloras nas súas condicións e o pago inmediato dos salarios
A Coruña -
Á falta de atención do Goberno municipal nas demandas laborais súmase agora o impago das nóminas por parte da empresa que xestiona o servizo
CIG-Ensino e STEG inician un peche en Educación para reclamar que se fixe data de reunión co conselleiro
Nacional -
A medida desenvólvese ante a falta de resposta da Consellaría e ás portas da cuarta e quinta xornada de folga docente
CIG-Saúde denuncia a creación de novas prazas no 061 en condicións de precariedade e sen negociación
Nacional -
Advirten do deterioro laboral, que as prazas non teñen centro de traballo estábel e que o novo persoal estará sometido á mobilidade forzosa entre provincias
A CIG toma a capital galega para esixir uns orzamentos da Xunta que garantan emprego e dereitos
Nacional -
Uns 2000 delegados/as manifestáronse dende o Parlamento até San Caetano no peche da campaña ‘Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade’
O 90% do persoal do gran comercio téxtil da Coruña secunda a folga contra o convenio que pretende impor a patronal ARTE
A Coruña -
Unhas 1.500 traballadoras mobilizáronse en rexeitamento ao recorte nas condicións laborais e salariais e polo dereito a unha negociación colectiva próxima
O persoal de Navantia fai un paro laboral de dúas horas para exixir a sinatura e aplicación inmediata do novo convenio
Ferrol -
A medida desenvolveuse en todos os centros de traballo da empresa pública naval
A Inspección de Traballo conclúe que o asasinato da traballadora do SAF do Porriño debeuse á falta de prevención de riscos
Nacional -
O secretario xeral da CIG anuncia que a central esixirá a depuración de responsabilidades empresariais e políticas, tanto municipais como autonómicas
A CIG asiste á 49 Conferencia da EUCOCO e á Conferencia sindical internacional en solidariedade co pobo saharauí
Internacional -
Durante os actos, celebrados en París entre os días 27 e 29 de novembro, a central nacionalista ratificou o compromiso coa causa saharauí na súa loita e mobilización
A CIG-Ensino reivindica como "máis necesaria ca nunca" a folga docente ante os últimos movementos da Consellaría
Nacional -
Denuncian que Educación está negociando 'por detrás' medidas en materia de ratios e horarios en resposta ás mobilizacións do profesorado
A CIG-Saúde critica que o SERGAS continúa sen abordar a crise na Atención Primaria e limítase a presentar parches
Nacional -
A central rexeita o documento presentado na reunión do 5 de decembro para regular a voluntariedade sen antes mellorar as condicións de traballo
O persoal da limpeza dos hospitais de Vilagarcía e Ribeira secunda unha nova xornada de paros pola equiparación
Cee/Ribeira/Vilagarcía -
As traballadoras do Hospital de Cee teñen convocada concentración para este mércores día 10
- « Primeiro
- « Anterior
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- Seguinte
- Último »