- « Primeiro
- « Anterior
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- Seguinte
- Último »
resultados
Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignas
Nacional -
A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados
A CIG non asina o acordo de ERE e ERTE no CTAG porque contempla despidos forzosos
O Porriño -
A decisión de rescindir até 96 contratos quedará en mans da empresa con sede no Porriño no caso de que non se alcance o número de adscricións voluntarias
A CIG esixe transparencia sobre os SIEG de Correos e denuncia o uso da rede pública para vender seguros de AXA
Nacional -
O sindicato remitiu un escrito á SEPI para que acredite o interese económico xeral desta actividade e que mecanismos de control se están a aplicar
Convocadas dúas novas xornadas de folga no ensino para os días 16 e 17 de decembro
Nacional -
Coincidindo coa avaliación escolar e a votación no Parlamento dos orzamentos da Xunta para o próximo ano
Touro só ten unha carteira para facer o reparto postal en todo o municipio
Touro -
CIG-Correos reclama a contratación de persoal para garantir o servizo e que se manteñan as tres prazas actuais
A CIG-Ensino recorre ante o TSXG dúas sentenzas que negan o complemento de equiparación salarial entre profesorado de FP
Nacional -
Esgotará a vía xudicial ao considerar que a Xunta introduciu unha diferenciación entre dous colectivos que non se axusta a dereito
A CIG-Servizos mobilízase contra a represión sindical no bingo Castelo Real de Vigo
Vigo -
Reclama a readmisión das dúas persoas traballadoras que foron despedidas tras comunicar o preaviso de eleccións sindicais na empresa
Persoal monitor da rede de comedores escolares de Santiago mobilízase contra a precariedade
Santiago de Compostela -
Reclaman un acordo de melloras salariais e sociais e medidas para corrixir a sobrecarga de traballo
O PP emenda a Lei de acompañamento dos Orzamentos para modificar por por completo os procesos selectivos do SPIF
Nacional -
O cambio afecta aos procesos extraordinarios da Lei 20/2021 das brigadas de bombeiros/as forestais e ás prazas xa convocadas da OEP 2023
A CIG-Valdeorras chama a participar na manifestación deste sábado 22 contra o desmantelamento do hospital comarcal
O Barco -
A marcha arrincará dende o centro sanitario do Barco ás 18:00 horas
A Inspección atende unha denuncia da CIG e obriga a Supermercados DIA a pagar polo convenio provincial de Pontevedra
Pontevedra -
A autoridade laboral constata unha infracción moi grave por remunerar por debaixo do establecido e abre liquidación de cotas á Seguridade Social por 120 mil euros
CIG-Administración mobilízase por unha suba salarial digna para o persoal empregado público e servizos de calidade
Nacional -
Delegadas e delegados concentráronse nos edificios da Xunta
Persoal sanitario reivindica na Consellaría solucións concretas e reforzar a Atención Primaria
Nacional -
Na segunda xornada de mobilizacións previas á folga, demandáronlle a Gómez Caamaño que asuma as súas responsabilidades políticas
- « Primeiro
- « Anterior
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- Seguinte
- Último »