Amplo seguimento da folga no comercio do metal pontevedrés para reclamar a volta ás negociacións do convenio

Vigo -
Centos de persoas traballadoras percorreron hoxe as principais rúas de Vigo en manifestación para reclamar unhas condicións laborais dignas

O comercio do metal da provincia de Pontevedra vive este xoves un novo día de folga para forzar a negociación do convenio

Vigo/Pontevedra -
As rúas de Vigo acollerán unha nova manifestación dende o farol de Urzaiz ás 12:00h que rematará na praza da Estrela, a carón do edificio da Xunta

O metal e o comercio do metal pontevedrés dan outra lección de dignidade obreira paralizando os sectores e enchendo as rúas

Vigo/Pontevedra -
Hoxe tivo lugar a terceira xornada de folga e este venres celebrarase unha reunión coa patronal do metal. Hai novos paros fixados para os días 19, 20 e 21

O metal pontevedrés chega ao terceiro día de folga cunha proposta da patronal para negociar

Pontevedra/Vigo -
Este xoves 14 hai un novo paro de 24 horas no que tamén participará o comercio do metal, mentres o empresariado convoca unha reunión para o venres

O metal e o comercio do metal da provincia de Pontevedra encaran dous novos días de folga por convenios dignos

Vigo/Pontevedra -
O comercio do metal decidiu sumarse outra vez ás convocatorias do metal para reclamar melloras laborais

Paro total no metal da provincia de Pontevedra na primeira das seis xornadas de folga en demanda dun convenio digno

Vigo/Pontevedra -
Centos de piquetes percorreron os polígonos industriais dende primeira hora da mañá e milleiros de persoas mobilizáronse nas cidades

O comercio do metal pontevedrés leva as súas reivindicacións ao Salón do Automóbil de Vigo

Vigo -
Persoal do sector desenvolveu unha mobilización no IFEVI para reclamar un convenio colectivo digno e rexeitar as propostas regresivas da patronal