A CIG detecta vulneración de dereitos no sector de panadarías e pastelarías en Vigo

Vigo -
Presentou varias denuncias na Inspección de Traballo ao detectar persoal sen contrato, con xornadas abusivas e sen respectar os descansos

O persoal de Eroski-Familia irá á folga o sábado 20 de decembro en demanda de mellores condicións salariais e sociais

A Coruña -
O paro afecta ás tendas e centros loxísticos que a sociedade ten na provincia da Coruña, que suman unhas 2.500 persoas traballadoras

O persoal da limpeza dos hospitais de Cee, Ribeira e Vilagarcía segue en loita pola equiparación

Nacional -
Esta semana as traballadoras están secundando novas xornadas de paros e mobilizacións ante a falta de resposta do SERGAS

O persoal civil de Defensa concéntrase en Ferrol e Marín para reclamar melloras salariais xustas e consolidadas

Ferrol/Marín -
As protestas desenvólvense na véspera da reunión da Mesa Delegada de Defensa

O persoal de Industrias Losán mobilizarase para exixir o cobro dos seus salarios e garantías de futuro

Curtis -
A empresa non pagou as dúas últimas nóminas nin a extra de nadal e atópase nunha reestruturación permanente pola elevada débeda

A xestión da Xerencia do 061 na Coruña pon en risco a formación de MIR de Medicina de Familia

A Coruña -
A falta de roupa de seguridade e EPI impique que poidan realizar a rotación obrigatoria nas ambulancias medicalizadas

O sector da conserva, abocado ao conflito tras a proposta de convenio regresiva da patronal

O Salnés -
A CIG defende un sistema de clasificación profesional “claro e transparente” baseado nunha valoración de postos que remate coa discrecionalidade

A FGAMT-CIG solidarízase coas persoas despedidas por Ambulancias Sil na base de Viana

Ourense -
Denuncia as manobras da concesionaria do 061 e do transporte sanitario non urxente da varias localidades ourensás para non aplicar o convenio

A CIG mobilízase contra un novo caso de represión sindical na residencia Monte Tecla

A Guarda -
A dirección do centro de persoas maiores da Guarda despediu unha delegada ao volver dunha baixa tras denegarlle a adaptación de posto

‘Eólica Así Non’ concéntranse en rexeitamento aos cambios lexislativos introducidos na lei de acompañamento

Nacional -
Advirte que o PP utiliza este mecanismo para realizar mudanzas profundas sen debate público, sen transparencia e á marxe da cidadanía

Máis dunha vintena de marchas fúnebres e mobilizacións en defensa do ensino público galego na cuarta xornada de folga

Nacional -
Para a folga deste mércores día 17 está convocada unha manifestación nacional con saída no Parlamento e remate na Xunta

A Plataforma SOS mobilízase no Parlamento por uns orzamentos que permitan enfrontar a crise da sanidade pública

Nacional -
O gasto hospitalario, malia as longas listas de agarda, só se incrementa un 3,6%, e a Atención Primaria dedícase o 14,3%, cando a OMS recomenda o 25%