resultados
A CIG-Ferrol apoia e anima a participar na manifestación pola modernización e a mellora do servizo de tren
Ferrol -
O próximo domingo 30 de novembro, ás 12h, dende a estación de ferrocarril
O persoal bombeiro dos consorcios provinciais mobilizarase pola mala xestión dos procesos selectivos e os incumprimentos do convenio
Nacional -
Convocan unha manifestación o 4 de decembro en Carballo
O persoal de Jevaso secundará unha nova xornada de folga para exixirlle á empresa que cumpra o pacto de melloras
Arteixo -
O paro comezará ás 22 horas do domingo 30 de novembro e prolongarase até ás 22 horas do luns 1 de decembro
O persoal da limpeza dos hospitais de Ribeira, Vilagarcía e Cee segue en loita pola equiparación
Nacional -
As traballadoras desenvolveron esta semana xornadas de paro e mobilizacións para exixirlle ao Sergas que abra unha negociación
A práctica totalidade do persoal de UNVI en Ourense secunda o primeiro día de folga polo bloqueo do convenio colectivo
Ourense -
As persoas traballadoras da empresa de automoción percorreron a cidade en manifestación para rexeitar tamén os intentos de modificar o calendario laboral
Persoal da Atención Primaria concéntrase nos centros de saúde na segunda xornada de folga
Nacional -
A CIG anima a manter a mobilización para mudar as políticas da Consellaría e lograr que se negocie e aplique xa un plan de ordenación dos recursos humanos
O 100% do persoal das Escolas Deportivas da Coruña secunda a folga parcial para reclamar condicións dignas
A Coruña -
Para visibilizar as súas demandas manifestáronse dende Riazor a María Pita e ofreceron unha demostración de actividades para a cidadanía
O persoal municipal de Cambre segue coas mobilizacións ante a falta de avances para reverter “a penosa situación do Concello”
Cambre -
Seguen sen cobrar todos os conceptos das nóminas pendentes e a suba do 0,5%, non hai acordo para a carreira profesional, non se reforzan os efectivos e ademais preténdese modificar a produtividade
A CIG convoca folga en INDRA Gestión de Usuarios contra os despedimentos e a precarización
Nacional -
Os paros de 24 horas desenvolveranse o 28 de novembro e 1 e 2 de decembro
A CIG mobilizarase contra o acordo estatal que non recupera as perdas salariais do persoal público
Nacional -
Convoca unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para o vindeiro martes 2 de decembro ás 11:00 horas
A sección sindical da CIG denuncia manobras de acoso médico-laboral en Carrefour Lugo sobre persoal que está de baixa
Lugo -
A empresa decidiu suspenderlles a prestación económica de IT por supostas faltas a citas médicas, cando a clínica emitiu xustificante de asistencia ás persoas afectadas
Acordo coa USC para o pagamento da cota patronal ao persoal dos programas Margarita Salas e María Zambrano
Santiago de Compostela -