CIG, ELA e Intersindical unen os seus paros do 15 de outubro para exixir a gobernos e empresas o boicot a Israel

Nacional -
Reclaman aos gobernos de Galiza , Euskal Herria e Catalunya, así como ao Executivo español e á Comisión Europea que rompan as relacións militares, comerciais e diplomáticas co Estado xenocida de Israel

A CIG convoca folga o 5 de novembro na construción por un convenio galego no sector

Nacional -
A patronal négase a abordar esta posibilidade, malia que avanzar nun marco propio blindaría os convenios provinciais e permitiría mellorar as condicións de traballo

Miles de profesionais da sanidade reclaman un Estatuto Marco que mellore as súas condicións laborais

Nacional -
Mobilizáronse diante do Ministerio en Madrid para exixir que non peche “dunha portada” a negociación

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Nacional -
Reclámanlle á Consellaría que sente negociar xa un acordo e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio

O persoal das escolas deportivas municipais iniciará mobilizacións por unhas condicións dignas e a mellora do servizo

A Coruña -
Os pregos da actual concesión vencen en novembro, pero o Concello da Coruña segue sen responder á táboa reivindicativa

A CIG denuncia a situación de colapso do Rexistro Civil de Ourense por falta de persoal

Ourense -
Solicita o nomeamento urxente dunha persoa interina do corpo de Auxilio Xudicial para cubrir a baixa dunha funcionaria de Tramitación

Denuncian na Inspección de Servizos Sociais as irregularidades no SAF de Ponteareas

Ponteareas -
O Goberno local suspendeu onte o pleno municipal no que estaba previsto que interviñese unha representante das traballadoras en folga

En marcha a campaña “Eu Ensino en Galego” para reverter nas aulas os efectos de 15 anos de políticas lingüicidas

Nacional -
CIG Ensino apela ao profesorado para que se converta en axente activo de normalización entre o alumnado e as familias

Denuncian o desmantelamento do departamento de produción da empresa ourensá Egatel

Ourense -
O traslado da maquinaria, executado durante a fin de semana, afecta aos tres delegados de persoal da CIG

A CIG convoca unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino

Nacional -
A central chama a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas

Adiada a folga no mantemento do Hospital Provincial de Pontevedra unha vez que Veolia accedeu a negociar

Pontevedra -
Mantéñense as concentracións anunciadas, e hoxe tivo lugar a primeira