Denuncian o trato de favor de PSA-Citroën á central amarela SIT-FSI na campaña das eleccións sindicais

Vigo -
Alertan do uso dun vehículo de uso interno para a recollida de material electoral do sindicato pro-empresa

Pensionistas e xubilados/as mobilizaranse novamente este xoves en cidades e vilas galegas

Nacional -
Reclaman a derrogación das reformas, a supresión do factor de sustentabilidade e a actualización co IPC

CIG-Industria cualifica de “campaña de desinformación” da patronal a suposta recuperación do sector naval de Vigo

Vigo -
Denuncia o “negocio” dos fondos para formación tras as falsas expectativas xeradas a multitude de desempregados/as

Convocan paros en GRI Towers Galicia tras o bloqueo da empresa á negociación de xornada e salarios

Ourense -
A factoría de fabricación de torres eólicas, situada no Carballiño, emprega por volta de 350 operarios/as

CCOO e UGT préganse á dirección de Vitrasa cun acordo pésimo negociado ás agachadas

Vigo -
Acusa a ambas centrais de retirar as mobilizacións sen lograr ningún avance

A CIG defende cambios nos orzamentos de 2019 para mellorar as condicións laborais e de vida das galegas e galegos

Nacional -
Denuncia que os presentados polo conselleiro esta mañá “non son os que precisa Galiza”

Burgos lembra, na sinatura do acordo de Axentes Forestais e Medio Ambientais, que quedan aínda cuestións por resolver

Nacional -
Denuncia a invasión de competencias nesta materia da Lei Básica de Axentes Forestais aprobada hoxe no Senado

A CIG en PSA-Citroën centra a campaña das eleccións sindicais no combate aos abusos e á perda de dereitos

Vigo -
A renovación do actual comité de empresa, no que a CIG conta con 2 delegados/as, terá lugar os días 21 e 22 de outubro

CIG-Banca alerta de que segue sen poñerse “couto aos escándalos do sector financeiro”

Nacional -
Denuncia que o goberno desaproveitou a oportunidade na transposición da MIFID á lexislación do Estado

Traballadoras de limpeza da Xunta demandan no Parlamento de Galiza igualdade salarial

Santiago -
Esixen a intervención do Goberno para que obrigue a Grupo Norte a rematar coa discriminación

CIG pedirá que se incorpore á causa xudicial aberta o accidente no que faleceu un traballador do AVE

Verín -
O sinistro mortal deste mércores en Laza reforza a denuncia penal interposta pola central sindical

Nova mobilización do persoal de ambulancias de Compostela en demanda da negociación do convenio

Compostela -
Responsabilizan á Xunta da situación de colapso do sector por ter outorgado o servizo por debaixo do custo real

ILUNION paga por debaixo de convenio a persoal subcontratado a través dun CEE para limpeza do Hospital Provincial

Compostela -
Denuncian que a Xerencia do CHUS é coñecedora desta situación e que, porén, non adoptou ningunha medida