Convocada folga e mobilizacións na limpeza e conserxería dos CEIP de Santiago para os días 1 e 2 de xuño

Compostela -
A CIG denuncia que a empresa concesionaria incumpre as melloras laborais previstas no novo contrato e non descarta convocar folga indefinida ao inicio do próximo curso

Cursos formativos da Xunta para persoas desempregadas nutren de man de obra barata empresas do grupo Coren

Ourense -
A FGAMT-CIG de Ourense denuncia que as accións formativas públicas están vinculadas directamente ás necesidades produtivas da compañía

Condenan o Concello de Vigo por incumprimentos en prevención de riscos no servizo de bombeiros

Vigo -
A sentenza obriga a Administración local a atender os requirimentos da Inspección de Traballo en materia de seguridade e saúde laboral

O persoal da recollida do lixo de Vigo toma as rúas da cidade na terceira xornada de folga por un convenio digno

Vigo -
Unha representación do comité mantivo unha xuntanza co edil responsábel do servizo, que se limitou a tomar nota das reivindicacións laborais

A CIG-Ensino cualifica o Plan para o impulso da atención á diversidade como “insuficiente e propagandístico”

Nacional -
Critica que a Xunta fixera, de novo, un anuncio á prensa sen traer o documento a este órgano, “o que demostra a súa nula vontade de negociar”

Persoal da Xunta mobilízase contra a modificación do procedemento de chamamento das listas de substitucións

Nacional -
A CIG-Administración Autonómica advirte de que o cambio afecta ás persoas que están nas listas mais tamén ao resto do persoal, que verá denegados permisos pola falta de coberturas

O persoal de Copo Galicia anuncia un calendario de mobilizacións por un pacto de empresa con melloras laborais

Mos -
Desenvolverá concentracións diante do centro de traballo de Mos dende este mércores día 27 até o venres 5 de xuño

Amplíase o seguimento na segunda xornada de folga no metal da Coruña por un convenio digno

A Coruña/Ferrol/Compostela -
O próximo xoves está programada reunión coa patronal e, de non producírense avances, os paros continuarán os días 9, 10 e 11 de xuño

Máis de seis meses sen cubrir os postos deixan o servizo de Gardacostas baixo mínimos

Nacional -
A CIG-Administración Autonómica exixe á Xunta que proceda, de maneira inmediata, á cobertura de todas as vacantes para recuperar a plena operatividade

A CIG denuncia na Inspección de Traballo o uso fraudulento das horas complementarias en Correos na provincia de Pontevedra

Vigo -
Só en 2025 abonáronse máis de 13.000 horas, o que supón que 16 persoas traballadoras poderían ter pasado a xornada completa

A CIG-Industria recibe unha delegación de SINTRAISAGEN de Colombia

Internacional -
Compartiron, entre outras cuestións, análises e alternativas respecto do proceso global de transición enerxética ás renovábeis

Persoal do comercio acampa diante da patronal coruñesa contra o convenio ARTE e reclamar un marco galego

Nacional/A Coruña -
O mércores 27 está convocada unha concentración nacional de traballadoras e traballadores na CEC

Paro total na recollida do lixo de Vigo ao inicio da folga indefinida por un convenio digno

O cadro de persoal de FCC mobilizouse hoxe diante do Concello, mentres que para este martes ten convocada unha manifestación ás 11:30 horas