A CIG entende que o proxecto de SAIC é unha oportunidade para impulsar un plan industrial galego para o automóbil

Ferrol -
A central sindical agarda que o complexo anunciado para as comarcas de Ferrol e As Pontes sexa unha realidade e non outro acto de propaganda

A CIG reclámalle a Gadis e Froiz que senten negociar xa o convenio de comercio de alimentación de Lugo

Lugo -
A central lembra que o convenio é o peor das catro provincias, polo que urxe avanzar na mellora das condicións salariais e laborais do persoal

Comeza a 114ª Conferencia Internacional do Traballo en Xenebra coa participación da CIG

Internacional -
Israel e axentes pro-sionistas tentaron reverter a Resolución sobre a condición de Palestina na OIT

Persoal de banca clama en Vigo contra a “presión comercial” e por un sector “socialmente responsábel”

Vigo -
Nas mobilizacións convocadas pola CIG-Banca diante de preto de 20 sucursais denunciáronse tamén os despidos dunha traballadora do Santander e dunha delegada de Abanca

A patronal frea os avances na negociación do metal e ameaza con limitar o carácter retroactivo do convenio

A Coruña -
CIG e CCOO chaman o sector a dar unha resposta masiva e contundente nas xornadas de folga dos días 9, 10 e 11 de xuño

As traballadoras do comercio responden á sinatura do convenio estatal ARTE cunha nova xornada de folga

Nacional -
A CIG denuncia o retroceso nas condicións salariais e laborais e insta a patronal a asinar un acordo galego que protexa os convenios provinciais

Convocan tres días de folga na recollida do lixo da Estrada por melloras laborais tras oito anos sen suba salarial

A Estrada -
A actual concesionaria, Geseco, pretende vincular a negociación de melloras laborais á publicación do prego de condicións do concurso

A caravana reivindicativa chega a Compostela para exixir melloras laborais nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil 0-3

Nacional -
Teñen convocada para mañá unha manifestación desde o Monte do Gozo, ás 11:00h, até San Caetano e unha nova xornada de folga á que se sumará o persoal dos centros públicos de 0-3

A folga na limpeza e conserxería dos CEIP de Santiago mantén un seguimento masivo e continuará o 16 de xuño

Compostela -
O persoal volveu percorrer os centros educativos e repartir papel hixiénico ao alumnado para denunciar a precariedade laboral que sofre o colectivo

A baixada do paro en maio volve sustentarse na estacionalidade e na precariedade laboral

Nacional -
O 74% das novas afiliacións ao Réxime Xeral corresponden a contratación temporal ou fixa-descontinua e máis do 90% da redución do desemprego concéntrase nos servizos

Denuncian o atraso na licitación da escola infantil municipal de Vilagarcía

Vilagarcía -
A CIG desenvolveu unha nova mobilización este sábado para reclamar a axilización do proceso ou a xestión directa do centro

A CIG denuncia que os comedores escolares de Ventín e do EEI do Milladoiro superan as temperaturas máximas permitidas

Ames -
Exixe ao concello de Ames medidas urxentes antes de que o persoal ou o alumnado sufran un golpe de calor

A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG

Nacional -
Acorda inhibirse a favor da Fiscalía do Tribunal Supremo pola condición de aforadas das persoas denunciadas