A Área Pública da CIG considera unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial

Nacional -
Chama á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder aquisitivo

As organizacións sindicais anuncian folga na Atención Primaria en reposta ao cambio de modelo imposto pola Consellaría

Nacional -
A folga está prevista para o 26 de novembro e tamén se convocarán mobilizacións

O Concello de Ponteareas insiste en criminalizar a loita do SAF mentres elude as súas responsabilidades

Ponteareas -
O PP intensifica a campaña de intoxicación contra as traballadoras e a CIG, ao tempo que a empresa Óbolo segue sen corrixir as irregularidades

Protesta no Cluster de Automoción para reclamar accións urxentes ante a continua perda de emprego

Vigo -
A CIG desenvolveu unha concentración no CEAGA en Vigo en defensa da industria do automóbil

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Nacional -
Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza

A CIG reclama respecto polos dereitos adquiridos e melloras laborais e salariais no convenio colectivo de Naturgy

A Coruña -
Critican que as propostas presentadas pola compañía non responden ás necesidades do persoal

Xubiladas e Pensionistas da CIG reclaman unha atención digna á dependencia fronte ás políticas desastrosas da Xunta

Nacional -
Concentráronse nas sete cidades para reivindicar a creación dun sistema público galego de atención ás persoas

Continúa a folga no siderometal ourensán tras fracasar a negociación do convenio o luns

Ourense -
Centos de persoas traballadoras volveron mobilizarse hoxe para reclamar condicións dignas. Este xoves ten lugar o último día de paro por agora

Miles de docentes levan ás delegacións de Educación o seu malestar cos recortes e privatizacións no 2º día de folga

Nacional -
A CIG-Ensino incide en que a Consellaría "non pode seguir facendo oídos xordos" ás reivindicacións do profesorado

A CIG rexeita as manobras de Leche Celta para negociar un convenio de grupo e deixar sen efecto o da fábrica de Pontedeume

Pontedeume -
A central convoca asembleas de persoal para avaliar a situación e xa ten presentado conflito colectivo en vía xudicial

Carril: “Imos levar a loita do persoal do SAF de Ponteareas até as últimas consecuencias para dignificar as súas condicións laborais"

Ponteareas -
As traballadoras, que acumulan xa 34 días de folga, abandonaron o peche que mantiveron toda a noite no Concello para esixir a rescisión do contrato

As traballadoras do SAF de Ponteareas en folga péchanse no Concello para esixir unha solución

Ponteareas -
Aproveitaron a celebración do pleno para reclamar a rescisión do contrato coa concesionaria e pasarán a noite no consistorio