O transporte en autobús chega á 11ª xornada de folga coa reclamación firme dun convenio digno

O sector dá unha mostra de forza malia a traizón de UGT e CCOO, que tentan revivir o preacordo que foi amplamente rexeitado polo sector

A CIG denuncia a censura de carteis contra o xenocidio palestino en centros sanitarios de Pontevedra

Pontevedra/O Salnés -
Dende a federación de Saúde reclaman que se garanta o respecto pola liberdade de expresión do persoal sanitario

Persoal do 112 reivindica a xestión pública do servizo e condicións de traballo dignas

A Estrada -
Desenvolveron unha concentración nas instalacións da Estrada con motivo do Día europeo do 112

A CIG chama a acumular forzas na loita contra a precariedade e a desigualdade camiño do 8 e 10 de Marzo

Nacional -
A central sindical celebrou asembleas de persoas delegadas nas comarcas para analizar a situación socioeconómica e abordar as problemáticas laborais

Continúan as protestas do persoal do Concello de Cariño pola súa dignidade laboral e salarial e a aprobación da RPT

Cariño -
O xulgado volveu dirixirse á alcaldesa para que cumpra a sentenza que obriga a negociar

A CIG convoca folga en GKN para rexeitar os 50 despidos previstos pola empresa en Vigo

Vigo -
Malia que a compañía rebaixou a afectación inicial do ERE en 12 persoas, a central oponse a calquera rescisión de contrato que non sexa voluntaria

A patronal do metal pontevedrés volve suspender a negociación do convenio para evitar unha protesta do comercio do metal

Vigo/Pontevedra -
As centrais convocan unha nova mobilización o vindeiro martes 17 de febreiro en Vilaboa para rexeitar as propostas regresivas do empresariado

O persoal do 112 concentrarase no complexo da Estrada para exixir condicións laborais dignas e un servizo 100% público

A Estrada -
A protesta farase mañá, mércores 11 de febreiro, con motivo da celebración do Día europeo do 112

A residencia de Castro Ribeiras de Lea está sen médico dende o mes de novembro

Castro de Rei -
A empresa que xestiona o centro, CK Senior, non cubre a ausencia ao considerar que a atención ás persoas usuarias está garantida co 061

A FCM-CIG rexeita o despedimento de 11 traballadores/as en NOA Madera Creativa

Ferrol -
A empresa alega causas económicas, técnicas e organizativas que “resultan inconsistentes”

CIG, ELA, LAB, Intersindical Catalá, IAC, Intersindical Valenciana e STEI reuniranse cos partidos para tratar o SMI

Nacional -
As reunións serán o 12 de febreiro en Madrid, pero a ministra de Traballo escúdase en problemas de axenda e non recibirá os sindicatos nacionalistas

UGT e CCOO impiden seguir negociando e pretenden revivir o preacordo enterrado polo persoal

A Coruña -
UGT e a patronal dedicáronse a escenificar unha serie de preguntas xa pactadas e emprazáronse a dar unha resposta o xoves 12