Improvisación da Xunta na prevención de incendios: aínda se están a executar contratos de retirada de biomasa de 2025

Nacional -
Nun cambio de criterio, o Goberno galego decide volver contratar brigadas de reforzo a través da empresa pública SEAGA pero empeorando as condicións laborais

A CIG-Industria clama contra a represión sindical na empresa Rubi de Ribadavia

Ribadavia -
Desenvolveu unha concentración e posterior manifestación o martes para rexeitar o despido de dúas traballadoras en pleno proceso de eleccións na empresa

O metal da Coruña amplía a convocatoria de folga aos días 26 e 27 de maio

A Coruña -
As centrais sindicais acordan ir a tres xornadas de paro ante a negativa patronal a recoller nin unha soa demanda social

A CIG-Correos de Vigo denuncia na Inspección de Traballo a falta de protección ao persoal ante agresións físicas

Vigo -
Persoas traballadoras da unidade de reparto 2 están sufrido ataques por parte dunha persoa que vive nas proximidades da oficina

CIG-Saúde esixe a retirada dunha campaña do Colexio Oficial Médico de Pontevedra por menosprezar a Enfermaría

Pontevedra -
Considera inadmisíbel que a entidade contribúa a difundir unha mensaxe que desacredita outra profesión sanitaria

17 de Maio: defendemos a nosa lingua, combatemos a LGBTI+fobia

Nacional -
A CIG reafirma o seu compromiso na loita contra o estigma e a discriminación ao colectivo, resultado de prácticas baseadas na intolerancia e o odio

Radiografía do mercado laboral galego: precariedade e parcialidade disparan a pobreza entre a clase traballadora

Nacional -
Os datos da EPA, Seguridade Social e Axencia Tributaria evidencian que se non chegasen persoas migrantes a situación do emprego sería alarmante

O persoal de Nestlé en Pontecesures inicia protestas para rexeitar os 27 despidos

Pontecesures -
Hoxe desenvolveuse unha concentración na empresa que se repetirá este venres 15, mentres que para o sábado hai convocada unha manifestación

A CIG mobilízase en Vigo para esixir melloras para o persoal da Seguridade Social que garantan a calidade do servizo

Vigo -
Desenvolveu unha concentración diante da Dirección Provincial do INSS

O metal e o comercio do metal pontevedrés dan outra lección de dignidade obreira paralizando os sectores e enchendo as rúas

Vigo/Pontevedra -
Hoxe tivo lugar a terceira xornada de folga e este venres celebrarase unha reunión coa patronal do metal. Hai novos paros fixados para os días 19, 20 e 21

Convocadas novas mobilizacións para exixir salarios dignos para o persoal civil de Defensa

Ferrol/Marín -
O 20 de maio, a CIG convoca manifestación no Arsenal de Ferrol e concentración na Escola Naval de Marín

A CIG homenaxea a Begoña Caamaño e ponlle o seu nome ao salón de actos do local de Vigo

Vigo -
No acto en memoria da escritora, xornalista e activista á que se lle dedica o Días das Letras Galegas 2026 interviron a súa irmá, o secretario comarcal e a sindicalista e docente Marta Dacosta

O metal pontevedrés chega ao terceiro día de folga cunha proposta da patronal para negociar

Pontevedra/Vigo -
Este xoves 14 hai un novo paro de 24 horas no que tamén participará o comercio do metal, mentres o empresariado convoca unha reunión para o venres