Persoal da recollida do lixo do Porriño mobilízase por un convenio digno que se incorpore aos pregos do concurso

O Porriño -
Desenvolveu unha concentración diante do Concello de 13:00 a 14:00 horas

"Perdemos unha oportunidade histórica para recuperar o COC de Iberdrola na Rúa e os empregos asociados”

Nacional -
O PP rexeitou solicitar o traspaso das competencias en xestión de ríos e encoros e que os centros de control estean nos territorios nos que se atopan as infraestruturas

A CIG cualifica de éxito a folga en Viaqua e advirte de que continuarán as protestas se non se desbloquea o convenio

Nacional -
A participación foi maioritaria nos principais centros de traballo e centos de persoas manifestáronse en Santiago para reclamar un convenio colectivo xusto

A CIG inicia en Ferrol a campaña en defensa dos postos de traballo en Mercadona

Ferrol -
A central reclama información sobre a implantación do novo modelo ‘Tenda 9’ e as consecuencias que terá sobre os postos de traballo e as condicións laborais

As asembleas de persoal aproban o preacordo para o convenio do metal da Coruña ao acadarse os obxectivos marcados

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG pon en valor que foi a unidade e a firmeza na loita de todo o sector o que permitiu rachar co inmobilismo patronal e acadar substanciais melloras

Nova mobilización contra a represión sindical en Abanca e a política de presión comercial das entidades bancarias

Banca -
A central continuou na Coruña coa campaña para reclamar unha banca socialmente responsábel

Desconvocada a folga indefinida na recollida do lixo de Poio tras acordo coa empresa para negociar o convenio

Poio -
A representación sindical denuncia que operarios municipais realizaron labores de limpeza

A CIG inicia unha campaña contra a precariedade no sector da hostalaría

Nacional -
Incluirá mobilizacións nas catro provincias, a primeira delas este venres 3 de xullo na praza de Galiza en Santiago de Compostela ás 11:30 horas

As traballadoras do SAF pasan o día en vixilia, fronte ao Concello de Santiago, para reclamar a extra de verán

Compostela -
CIG-Servizos non descarta convocar folga indefinida e considera que a municipalización é a única solución para rematar coa precariedade das contratas

O persoal de Veolia-Viaqua irá mañá á folga para exixir que se retome a negociación do convenio

Nacional -
Convocan unha manifestación nacional en Compostela, este martes, día 30 de xuño con saída ás 12:30 horas da Alameda

A CTC cubana celebra o seu XXII Congreso baixo o lema “Por Cuba, xuntos creamos”

Internacional -
A CIG trasladou o seu apoio ante o endurecemento do bloqueo e reiterou o seu compromiso coa denuncia desta agresión imperialista que se estende por máis de 60 anos

A CIG demándalle responsabilidade á patronal para que o luns presente unha proposta que permita pechar o conflito no metal

A Coruña/Ferrol/Compostela -
Na mediación deste venres do convenio da Coruña producíronse avances mais seguen a ser insuficientes para desconvocar as xornadas de folga