A CIG-Ensino consegue que a Consellaría, segundo a Valedora do Pobo, deixe sen efecto a Circular sobre o uso dos audiovisuais

Compostela -
Recolleu entre o profesorado preto de 4.000 sinaturas en demanda da súa retirada

CIG-Saúde denuncia que se mantén o recorte de horarios no servizo de helicópteros de emerxencias

Compostela -
Considera que a Xunta debe garantir a máxima dispoñibilidade de todos os medios posíbeis para atender as urxencias

Delegados/as da CIG-Industria reclaman cunha protesta a readmisión dun traballador da empresa Cumegal de Ourense

Vigo -
O despido produciuse despois de que se presentase ás eleccións sindicais na candidatura da central

A CIG denuncia a “desproporcionada actuación policial” nunha concentración de empregadas/os da limpeza en Ourense

Vigo -
Os axentes denunciaron o secretario comarcal e identificaron catro representantes sindicais

A CIG estuda a posibilidade de impugnar a externalización do servizo de recollida de lixo da Deputación de Ourense

Vigo -
A central baralla presentar un recurso no Tribunal Supremo contra a convalidación do TSXG

Persoal e usuarios/as do Sergas mobilízanse nas áreas sanitarias en demanda de máis prazas na OPE

Compostela -
Denuncian que sen traballadores e traballadoras suficientes non se pode garantir unha atención de calidade e favorécese a privatización

“As reformas aplicadas polos gobernos están provocando o empobrecemento dos e das pensionistas”

A Coruña -
O colectivo de xubilados/as da CIG mobilizouse en demanda da retirada da reforma das pensións e o repagamento de medicamentos

O persoal de Tranvías de Ferrol iniciará mobilizacións para esixir unha solución á reestruturación das liñas de autobús

A Coruña -
Denuncian que a pasividade da Xunta para contestar á proposta de reorganización da empresa pon en risco os empregos

Persoal de Linorsa reclama o pago dos salarios pendentes cunha protesta diante da empresa en Vigo

Vigo -
A mobilización celebrada hoxe enmárcase na campaña do Día da Clase Obreira Galega

O incremento dos contratos de menos dunha semana de duración maquilla as cifras de desemprego

Vigo -
Máis do 90% dos 61.614 contratos contabilizados durante o mes de febreiro foron temporais

CIG-Saúde pregúntase a onde foron os 73 millóns € destinados ao concurso para dotación de alta tecnoloxía os hospitais do SERGAS

Compostela -
Lamenta que o sistema sanitario público galego dependa de doazóns de fundacións para equipar os centros

O Concello de Santiago denega o enganche de luz para a megafonía na manifestación do 10 de marzo

Compostela -
A CIG lamenta que se sigan poñendo trabas ao dereito de manifestación

Centos de delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo para denunciar a grave situación laboral da comarca

Vigo -
A central celebrou a primeira das asembleas previas ao 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega