A CIG reclama 5 postos máis para a Área Penal do Servizo Común de Execución de Santiago

Compostela -
Solicita dous postos de xestión procesual e tres de tramitación para adaptar o cadro de persoal ao aumento da carga de traballo e reforzar a protección das vítimas

Esixen a dimisión da xerencia do Consorcio polos “atropelos” ao cadro de persoal

Nacional -
O sector de Autonómica da CIG-Administración reclama a intervención do ente pola Dirección Xeral de Emprego Público e unha auditoría

Correos utiliza as eleccións como escusa para impoñer cambios laborais inxustificados ao persoal de limpeza

Nacional -
A CIG-Servizos denuncia que a obriga de entregar as chaves das oficinas e a modificación dos horarios supoñen un ataque ás condicións de traballo e á conciliación laboral

O BNG recolle as reivindicacións da CIG para a folga xeral do 11 de novembro polo dereito a unha vida digna

Nacional -
Unha delegación de ambas organizacións mantivo un encontro para abordar a necesidade da mobilización social

Asínase o primeiro convenio de empresa en AIMEN, que mellora as condicións laborais

O Porriño -
O acordo chega tras o proceso negociador aberto en 2025 a raíz das mobilizacións convocadas polo comité do Centro Teconolóxico con sede no Porriño, con 13 representantes da CIG

Folga indefinida e mobilizacións contra os despidos na limpeza de colexios e instalacións deportivas do Concello de Pontevedra

Pontevedra -
A empresa Serveo, nova concesionaria do servizo, rescindiulle o contrato a catro traballadoras para substituílas por persoal con salarios máis baixos

A bisbarra de Valdeorras bótase á rúa en defensa da sanidade pública

O Barco -
Milleiros de persoas participaron na manifestación contra o desmantelamento do hospital comarcal celebrada o sábado no Barco

A Xunta presenta uns orzamentos que non contemplan medidas para paliar a crítica situación da clase traballadora galega

Nacional -
Paulo Carril chama á folga xeral en demanda de políticas que responsan ás necesidades “urxentes e inaprazábeis” da maioría social

A CIG-Construción advirte de que os recentes accidentes laborais graves no sector evidencian a falta de formación e seguridade

Nacional -
Insta as administracións a intervir e as empresas a adoptar as medidas necesarios para garantir a saúde e integridade das persoas traballadoras, sobre todo no caso das migrantes

CIG-Saúde denuncia que a Consellería de Sanidade converte a Mesa Sectorial nun simple trámite informativo

Nacional -
A Xunta prevé presentar no Parlamento as medidas que afectan ao persoal do SERGAS antes de sometelas á Mesa Sectorial

‘Eólica Así non’ denuncia o desamparo do Consello Xeral do Poder Xudicial e da presidencia do TSXG ante o traslado masivo de preitos

Nacional -
A Coordinadora presentara unha queixa tras a decisión de mover a outra sección os asuntos relativos a proxectos eólicos

A CIG expresa a súa solidariedade cos presos políticos saharauís do grupo Gdeim Izik en folga de fame

Internacional -
Esta acción de protesta desenvólvese dende o pasado 23 de setembro en distintos cárceres marroquís para denunciar as condicións de reclusión sen garantías nin condicións legais básicas

Galiza ten 47 centros nos que non se ofertan Latín e Grego presencial malia contar con profesorado con horario dispoñíbel

Nacional -
A CIG-Ensino solicitou na Mesa Sectorial na que se negociou a orde da convocatoria do Concurso de Traslados que non se amortice ningunha vacante destas dúas especialidades