A CIG lanza unha campaña de análise e propostas para atallar a caótica situación da administración da Xustiza

Nacional -
Baixo o lema “Máis medios, mellor organización, mellor xustiza”, a central analiza os problemas de cada tribunal tras a implantación da lei de eficiencia e demándalle á dirección xeral que abra unha mesa de negociación

O seguimento masivo da terceira xornada de folga pecha supermercados e almacéns de Gadis e Froiz

A Coruña -
O persoal clama contra o bloqueo da negociación do convenio na provincia da Coruña

Desconvocada a folga na recollida do lixo da Estrada tras un pacto de melloras laborais

A Estrada -
O acordo coa concesionaria Geseco contempla unha suba salarial do 11%, incorpora pluses e permisos e aumenta o pago de domingos e festivos

O persoal da Xunta mobilízase contra o “decretazo de listas” e pola recuperación de dereitos dos interinos

Nacional -
Traballadoras e traballadores temporais participaron nas concentracións e no paro dunha hora convocado este martes diante dos centros de traballo da Administración autonómica

A CIG-Saúde volve denunciar o desleixo do Sergas durante a negociación do II Plan de Igualdade

Nacional -
Manifesta que xa hai máis de un ano que se constituíu a Comisión negociadora e o Sergas non aportou os datos precisos para realizar o diagnóstico da situación

A CIG reclama eliminar trabas burocráticas na prestación por coidado de menores con cancro ou enfermidades graves

Nacional -
Presenta alegacións ao proxecto de R.D. para que ningunha familia vexa limitado o acceso ao subsidio e asegurar unha atención adecuada a menores que precisan coidados

SOS Sanidade de Vigo convoca mobilizacións para esixir recursos que reduzan as listas de agarda

Vigo -
A plataforma reclama o reforzo da Atención Primaria, poñer a pleno rendemento os hospitais públicos e rematar coa derivación a centros privados

A CIG parabeniza á clase traballadora portuguesa por conseguir tombar a reforma laboral

Internacional -
Esta vitoria demostra que a organización e a loita son ferramentas fundamentais para frear os recortes de dereitos laborais e sociais que pretende o neoliberalismo

As dúas primeiras xornadas de folga no comercio de alimentación da Coruña deixan tendas e almacéns en mínimos

A Coruña -
A CIG-Servizos prevé un seguimento maioritario no paro de mañá, martes día 23, no que tamén haberá manifestacións na Coruña, Compostela, Ferrol e Ribeira

A Valedora do Pobo admite a queixa da CIG-Saúde pola situación da pediatría itinerante que atende as crianzas do sur de Lugo

Chantada -
A central presentou escrito ante a falta de solucións e a vulneración do dereito á saúde das cativas e cativos

Folga no comercio de alimentación da Coruña os días 21, 22, 23 e 24 de xuño polo bloqueo patronal á negociación do convenio

A Coruña -
Na xornada do martes haberá manifestacións na cidade herculina, Compostela, Ferrol e Ribeira

O persoal da Escola de Música e do Conservatorio do Concello de Cambados reclama melloras laborais

Cambados -
A CIG-Ensino propón que os contratos sexan de 10 meses e que se incremente o prezo da hora de clase que se lle paga ao profesorado

A representación sindical reclámalle a Navantia negociar o plan industrial e investimentos que garantan o futuro

Ferrol -
A CIG avanza que, nas actuais condicións, non asinará un documento imposto e que supón un “cheque en branco”