A CIG traslada o apoio á delegada do SAF a quen o alcalde de Ponteceso difamou nun pleno municipal

Ponteceso -
A central mobilizouse con motivo do acto de conciliación previo no Xulgado de Paz ao que o rexedor non compareceu

A Xunta promociona unidades de elite mentres abandona as condicións de traballo do conxunto de axentes ambientais

Nacional -
Reclaman que a conselleira de Medio Ambiente negocie xa, nas mesas, a mellora das condicións laborais cun Acordo marco que recolla a todo o persoal axente ambiental

Mobilízanse para rexeitar cinco despidos nun supermercado Eroski de Vigo

Vigo -
O comité denuncia que tras a reforma do establecemento a dirección optou por eliminar varias seccións que estaban atendidas por persoal

O Cañada Blanch de Londres deixa de ofertar lingua galega como se viña facendo desde os anos 90

Nacional -
A CIG-Ensino acusa á Consellaría e ao Ministerio de eludir e incumprir as súas responsabilidades

A CIG-Ensino apoia as reivindicacións de máis persoal do IES Pedro Floriani de Redondela

Redondela -
A central sindical denuncia a falta de recursos para atender o alumnado

O persoal de limpeza e conserxería dos colexios de Compostela anuncia dez novas xornadas de folga

Compostela -
A CIG denuncia que Lacera mantén a precariedade laboral e incumpre os acordos sobre horarios e xornada

CIG-Xustiza denuncia a saturación estrutural que sofre o equipo de Civil e Familia nos xulgados de Compostela

Compostela -
Reclama a cobertura das prazas vacantes e denuncia os atrasos que isto implica para a resolución de asuntos como pensións de alimentos ou procedementos de violencia de xénero

Persoal da Fundación Lar de Vilagarcía mobilízase contra os despidos e as sancións

Vilagarcía -
A CIG denuncia que a entidade sen ánimo de lucro que presta servizo para a Xunta está a aplicar unha política de presións e abuso de poder

Sobe o paro, cae a afiliación á Seguridade Social, destrúese emprego indefinido e medra a temporalidade

Nacional -
González Sío denuncia que ao se manter a reforma laboral de 2012 facilítase o despedimento con cada vez menos custos

Burger King Lugo volve restrinxirlle a auga ao persoal e modifica as quendas de xeito ilegal

Lugo -
A CIG-Servizos xa denunciara estas prácticas na Inspección de Traballo

O persoal de Lugove-Subus en folga contra a explotación traslada as protestas á Xunta en Vigo

Vigo -
A empresa concesionaria do trasporte en autobús na comarca do Baixo Miño e Val Miñor acumula numerosos incumprimentos laborais e do servizo

A CIG participa no Congreso do Sindikad Labourerien Breizh (SLB) na Bretaña

Internacional -
A central bretoa atópase en proceso de refundación e reestruturación, para o que foi fundamental a renovación das liñas de acción sindical