Centos de persoas traballadoras do sector de coidados e atención reclaman condicións laborais dignas

Nacional -
Na protesta denunciouse a precariedade na que o persoal ten que prestar estes servizos esenciais e demandouse a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas

A CIG rexeita os abusivos servizos mínimos impostos polo Concello da Coruña para a folga dos autobuses urbanos

A Coruña -
A actividade para o paro do luns 16 de novembro está fixada no 70% mentres que na folga xeral se estabeleceron presencias do 54%

A non cobertura das vacantes de substitución, o novo problema estrutural da xestión da Consellaría de Educación

Nacional -
A media mañá deste venres había 162 vacantes sen cubrir, once delas do mes de outubro, con alumnado que leva máis de un mes sen clase

O proceso xudicial iniciado pola CIG en 2022 remata recoñecendo o dereito ás subas salariais do persoal investigador das universidades

Vigo/Ourense -
Unhas 900 persoas verán incrementados os seus soldos coas actualizacións dos últimos cinco anos tras agardar un ano pola execución dunha sentenza gañada á UVigo

O persoal do mantemento dos leitos fluviais de Augas de Galiza mobilízase na defensa dos seus empregos

A Coruña -
EULEN, a empresa que presta o servizo, decidiu non concorrer á nova licitación e xa comunicou o despedimento de todos os traballadores

CIG-Servizos alerta da falta continuada de persoal e a sobrecarga asistencial en DomusVi Outeiro de Rei

Outeiro de Rei -
Dende o pasado mes non se cumpren as presenzas estabelecidas de persoal xerocultor en practicamente ningunha quenda

CIG-Saúde destaca o éxito da folga xeral na sanidade pública malia os intentos do SERGAS de impedir o seu seguimento

Nacional -
Denuncia que o SERGAS utilizou uns servizos mínimos abusivos e recorreu a prácticas para dificultar o exercicio do dereito á folga e invisibilizar a súa repercusión

O comité de Reganosa leva a reclamación de condicións xustas ao AGA tras máis de vinte meses sen acordo

Ferrol -
A representación do persoal critica a insuficiencia da oferta económica, a perda de dereitos laborais e o despedimento de dous traballadores en pleno conflito

Persoal de coidados, formación e protección ás persoas convoca unha manifestación contra a precariedade este sábado en Santiago

Nacional -
A marcha arrincará da Alameda ás 11:00 horas para reclamar a dignificación laboral e salarial e a xestión directa a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas

O persoal de Eulen que fai o mantemento dos leitos fluviais para Augas de Galiza mobilizarase pola continuidade dos seus empregos

A Coruña -
Este venres 13 de novembro, ás 12:00 horas, concentraranse diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza na Coruña

O comité intercentros exixe a renuncia ou cesamento da directora xeral da TVG e RG polo vergoñento tratamento informativo da folga xeral

Nacional -
Denuncian unha cobertura aliñada co discurso do Partido Popular, nunha clara desviación de poder, e co claro obxectivo de criminalizar a protesta e ocultar as razóns da histórica mobilización

Unhas 100.000 persoas mobilízanse coa CIG na xornada de folga xeral para exixir unha vida digna

Nacional -
Paulo Carril: “A Folga Xeral é a resposta obrigada á carestía da vida, para forzar os gobernos a adoptar medidas e reclamar poder ir á compra e mercar alimentos básicos, ter unha casa onde vivir e poder pagar a luz e os combustíbeis”