A CIG-Navantia defende a subrogación dos traballadores/as de mantemento dos estaleiros

A Coruña -
O cambio de empresa na concesión deste servizo pon en perigo a continuidade dos 65 operarios/as que até agora realizaban estas tarefas

Denuncian o peche da carpintaría do Hospital Provincial de Pontevedra aproveitando a ausencia de dous traballadores

Vigo -
A CIG-Saúde sospeita que se trata dun paso máis na privatización do servizo de mantemento

O persoal do transporte de residuos de Sogama manterá as protestas mentres non se concrete a oferta da nova empresa

A Coruña -
Así o acordaron na asemblea na que avaliaron a proposta de Copasa -que inclúe a recolocación de 54 condutores/as- pero que a compañía se nega a entregar por escrito

Denuncian que o Sergas usa a oferta pública de emprego para “seguir desmantelando a sanidade pública"

Compostela -
A CIG-Saúde pide que se convoque unha OPE para o 100% das prazas vacantes producidas desde 2009

“Unha cuña non é un paritorio. Que remate a tortura no materno da Coruña”

A Coruña -
A Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña mobilizouse para esixir que se garanta a atención integral ás mulleres que abortan no 2º trimestre

CIG-Ferrol denuncia o despedimento dun traballador de Refesa, candidato da central ás próximas eleccións sindicais

A Coruña -
Considera que se trata dun caso de represión sindical e advirte que tomará as medidas necesarias para acadar a súa readmisión

Un 80% do persoal de Unísono en Vigo secunda os paros contra o abuso na xestión das quendas de traballo

Vigo -
Os empregados/as desenvolveron concorridas concentracións ás portas da compañía a pesar dos intentos da dirección de desactivar as protestas

CIG-Saúde Compostela denuncia o deterioro do Servizo de Radioloxía do Hospital Clínico

A Coruña -
Solicitan un sistema de auditoría e o informe das xestións e aproveitamento dos Orzamentos destinados á Xerencia

A CIG revalida a súa posición como primeira forza sindical na comarca de Vigo

Vigo -
A central obtivo un total de 1175 delegados/as e acada unha representatividade do 31,96%

Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña mobilizarase para esixir unha atención integral ás mulleres que teñen que abortar

A Coruña -
Teñen convocada unha concentración o xoves 18, ás 12 horas, no Hospital da Coruña

O comité de Unísono convoca paros e concentracións en Vigo este mércores contra o abuso na xestión das quendas

Vigo -
A representación do persoal denuncia que a empresa exerce unha “presión extrema” sobre os traballadores/as para que non secunden a protesta

Convocada folga en Daorje Medioambiente contra os incumprimentos de convenio, o ERTE e a modificación das condicións laborais

A Coruña -
Os paros coinciden coa parada técnica en Repsol, xa que a empresa realiza labores de limpeza industrial na refinería da Coruña

Os traballadores/as do GES da Fonsagrada continúan a demandar unha solución ao desmantelamento do servizo de emerxencias

A Coruña -
Unha representación do persoal mantivo nas últimas semanas encontros cos distintos grupos parlamentarios para denunciar a situación