O comité de Povisa advirte que a sobrecarga de traballo do persoal provoca perda de calidade asistencial no centro

Vigo -
A representación dos traballadores/as do hospital vigués denuncia que o aumento de usuarios/as non se compensou con máis empregados/as

CIG denuncia o mal uso de fondos FEDER por parte da Consellaría de Sanidade

Compostela -
Exixe un uso responsábel destes cartos en beneficio real da sanidade pública galega

Xunta de Persoal de Xustiza pide unha "auditoría seria" antes de converter o edificio do hospital Xeral vigués en sede xudicial

Vigo -
A representación dos traballadores/as denuncia que non existe compromiso de gasto nos Orzamentos para ubicar nel a Cidade da Xustiza

Levan á Xunta exemplares de eucaliptos para denunciar o novo Plan Forestal e as propostas deseñadas a medida para ENCE

Compostela -
A Alianza Por un Medio Rural Galego Vivo considera que favorece unha produción “forestalista” e esquece outros usos dos montes

Os autónomos/as dependentes de Frigolouro mobilízanse polas rúas do Porriño na segunda xornada de folga

Vigo -
Unha representación do persoal de Servicarne e da CIG mantivo unha xuntanza coa alcaldesa para que medie no conflito laboral

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS vulnera a protección de datos de doentes da área sanitaria de Santiago

Compostela -
A xerencia considera que as/os doentes o aceptan “pola súa voluntaria asistencia aos centros sanitarios”

Denuncian despidos inxustificados, deterioro das condicións laborais, presións e falta de persoal en Media Markt Vigo

Vigo -
A CIG e CCOO rexeitan que a empresa aplique a reforma laboral para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas

O persoal de Faurecia Escapes desconvoca a folga tras o acordo coa dirección que garante a carga de traballo e o emprego

Vigo -
O paro indefinido suspendérase unha vez que a empresa se amosou disposta a negociar

Máis do 80% dos autónomos/as dependentes de Frigolouro secundan a folga para reclamar melloras laborais

Vigo -
O paro indefinido iniciado hoxe polo persoal da subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica do Porriño

Xunta de Persoal e Comité denuncian o avance da privatización de servizos na Seguridade Social

A Coruña -
A Administración do Estado recorta cadro de persoal ao non convocar OPE e logo ampárase nesta carencia de efectivos para adxudicar contratos a empresas privadas

A Área Pública da CIG reclama o pago de todas as cantidades adebedadas polos recortes nas pagas extra

Compostela -
O conselleiro de Facenda e o director xeral de Función Pública confirman que só se devolverá un 25% da de 2012 en abril e outro 25% en setembro

A CIG-Compostela denuncia que a concesionaria do servizo de limpeza da USC segue vulnerando os dereitos das traballadoras

Compostela -
As traballadoras/es acordaron en asemblea manter as mobilizacións mentres non se garantan os seus dereitos

A CIG-Correos alerta do plan para suprimir as Oficinas Auxiliares de atención ao público

A Coruña -
Denuncian que a eliminación de diversos medios técnicos nestas oficinas prexudicará especialmente á poboación das zonas rurais